Fondos públicos


Subvención PR520A_2011 - Classora Media Support

Subvencións para o potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2011, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

  • Resolución do 15 de xullo de 2011, segundo o Anuncio publicado no DOG nº 160 o 23 de agosto de 2011.
  • Norma reguladora: Procedemento administrativo PR520A_2011 (Resolución do 22 de marzo de 2011 publicada no DOG nº 62 o 29 de marzo de 2011).
  • Órgano concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
  • Crédito orzamentario: 2.600.000 €.

Contía e finalidade da axuda a Classora Technologies: 15.652 € para o desenvolvemento dun servizo para a integración automática de información estruturada en medios de comunicación dixitais.